jueves 13 de septiembre de 2007

PUNTO FINAL


TODO TEN UN FINAL... A MIÑA AVENTURA EN BLOGGER REMATA AQUÍ, NA HISTORIA NÚMERO CEN, NO POST CENTENARIO DA MIÑA EXISTENCIA AQUÍ E, XUSTAMENTE, CANDO FAGO UN ANO DE ESTANCIA AQUÍ.

Podedes seguir léndome en:






lunes 10 de septiembre de 2007

Á AVENTURA

LONXE


Fai poucos días, chegou a Catalunya un amigo meu. Un amigo meu daqueles de toda a vida, dos que nunca se esquecen porque, malia que a xente vaia cambiando (e madurando, todo sexa dito) queda unha base de confianza que nunca se borra, nin tan siquera co tempo.

A cuestión é que este bo amigo, decidiu deixala terra nai (a del e a miña, queda claro, non si?) pra estudar o que realmente él quería. Toda unha proeza, nos tempos que corren, nos que os xoves lonxe de aventurarse e buscar novos soños soen pensar que "non imos estar mellor fora que na casa dos pais".




Pois ben, como bo organizador da mocidade emigrante en Barcelona (e todo sexa dito, como amigo del que son), fun recollelo a Sants-Estació do tren-inferno Estrella Galicia. Posteriormente, tentamos arranxar o que é a súa nova vida, e que, a día de hoxe, xa ten máis ou menos estructurada.


Con todo isto, quero recalcar de novo a aventura que supón abandonar o teu país e probar fortuna nunha realidade moi, pero que moi diferente. Na súa actitude, na súa forma de falar o castelán (na comunicación coas xentes daquí) , na súa forma de lanzar unha ironía... Vese que él, o meu amigo, é galego. E sí, a viaxe de 1028 km entre Ourense-Empalme e BCN-Sants é moito máis que atravesar a Península de oeste a leste; moito máis que cruzar de punta a punta os territorios do "Reino de España"...

Esta aventura, é digna de contar. E eu, por estas datas, xa levo 5 anos inmerso nela...

lunes 27 de agosto de 2007

VENTO...



Vai e ven. Non deixa de ondear; leva moita forza. Zoa entre as árbores, berra como se o mataran. Non, non é o vento. É un emigrante.


A pena de volver ao exilio é tamén unha reafirmación do amor pola terra.



Ola de novo a todos, amigos.



viernes 20 de julio de 2007

Conta atrás




Cando estás lonxe, escoitas as ondas do mar, os sons dos paxaros, o abaneo do vento... Se cadra, faste unha idea demasiado bucólica e idealizada da beleza real (que non pode ser dubidada) da terra que te viu marchar.

E, cando levas preto de 5 anos (xa!) alén das fronteiras naturais do terruño, xa non sabes como vivir o momento de retorno (aínda que sexa estival e provisional). Por iso, a viaxe (en tren, no meu caso) de volta, ten unha maxia especial. Coma se dun rito ancestral se tratara, subirte ao vetusto Estrella Galicia con destino A Coruña - Vigo (mítica frase na megafonía de Sants-Estació) representa "algo máis". E sí, algo máis que esas infernales 14 horas de reflexión e ganas de chegar.

Ao saír de Barcelona pensas que todo vai ser rápido, que vas chegar en menos do que o teu corpo e ti mesmo pensas. Pero, cando tras 1 hora e pico (ou máis!) chegas a Tarragona, daste conta que vai pra largo, o choio. É enton cando fas algún pensamento pra cear (se coma min, vas de noite).
Co bandullo cheo (ben cheo, que o ir no tren - cos nervios e todo - aumenta o apetito) disposte á durmir. Ao principio custa, principalmente polo abaneo do tren, mais despois o cansancio véncente. Espertas de súpeto, escoitando algo así como "Zaragoza Delicias".

E despois, descansas plácidamente (supoño que por andar xa pola meseta) até que, ben cedo, espertas alá por León (onde se poden ver sedes da Junta de Castilla y León na que se pide a galeguidade dos territorios).

Pero, da viaxe, o máis espectacular é ver o Canón do Sil. É espectacular, incríbel, indescriptíbel. E despois, unha parada en Monforte, que faite inquedar de nervios, xa que normalmente dura 1 hora aproximadamente.

E dalí até o meu Ourense querido. Iso, pasará en 6 días. Pero levo 1 ano soñándoo, diso non teñan dúbida.

martes 10 de julio de 2007

ELIXIO, NA MEMORIA



Ben pensaba que até que pasaran as vacacións non voltaría a ter que escribir nesta bitácora. Sen malicia, pensei que non daría explicacións, que marcharía porque sí, porque o mundo móvese e eu tamén. Mais desta vez, moveuse de máis, este mundo tolo.

Elixio Rodríguez, nacido en Grou (Lobios), alá polo 1910 (sí, ese Grou que tamén é a miña aldea!) e que vivira en Bande (sí, esa parroquia fría con tan boas festas!), morreu aos 97 anos de idade en México DF.

Eu non coñecín a Elixio, mais escoitei falar del fará 1 ano e algo, cando un primo meu retornado de México me contara (sabendo das miñas actividades políticas) , contárame que el coñecía un galeguista emigrado en México (neste caso exiliado) de raíces na miña amada Baixa Limia.


Buscando pola rede, no seu día, atopei un vídeo no que, no día da patria, Xosé Manuel Beiras adicáballe unhas palabras. Debe estar na páxina web da Fundación Galiza sempre.

Desta forma, que descanse en paz, alá onde esté. De ben seguro que estará no mesmo sitio que Castelao, Otero Pedrayo e tantos outros. Ben o merece.

PD: E desta vez, sí, a próxima vez que nos vexamos, será despois das bágoas que representarán ter que deixar de novo a terriña.

lunes 18 de junio de 2007

OS DA BOINA NA EMIGRACIÓN...

A AEGACAT ORGANIZA UNHA CEA DE GALA QUE CONVERTE UN ACTO DE GALEGOS NUN "DERROCHE DE GLAMOUR" CON PRESENZAS COMO A DE PEDRO RUIZ.

Ben sabido é por todos, que, por onde vai un galego, sempre hai un cacique tentando orientalo polo camiño da verdade. Se cadra, os de agora sonche bastante máis modernos, pero a situacion é igualmente denunciable, cando menos debe ser contada dende outra perspectiva que non sexa a da prensa que, como non, tamén comeu marisco en dito acto.


"Os da boina na emigración...."

Aínda que semelle unha chorrada dito en pleno século XXI, non fai máis falta que ver como se montan as súas propias ceas, no seu propio mundo de fantasía e ricachóns, pra adiviñar que na emigración, e neste caso en Catalunya, tamén hai "quen manda".



Julio Fernández, presidente da AEGACAT e dono de Filmax, organizou unha cea pra sustituir, dalgunha forma, o deficitario "Gran Encontro de Galegos do Mundo", que se viña celebrando no recinto do Fòrum nos dous anos anteriores. Dita cea, organizada dende o máis alto da xerarquía galega en Catalunya (de ben seguro que se olvidaron de tomar en consideración tódalas entidades de relevancia en Catalunya, como por exemplo o Espazo Galego dos Països Catalans ou Rede.cat; Ah non! que eles non falan cos que os critican!) foi un alegato á desfachatez e á chulería; aos métodos de "acoso e derribo" e de imposición que queren levar a cabo alí onde pisan.

Realmente, facer este tipo de ceas supoño que lles reporta unha maior presenza social, mais creo que deixa en moi mal lugar a sociedade galega en Catalunya, maioritariamente traballadora e tamén, malia que me coste dicilo, maioritariamente afastada de todas esas entidades (xa ben sexa empresarios ou C. Galegos) que xa están caducas e só lles serven aos maiores pra botar a partida (con tódolos meus respetos).

Por iso, avergónzome públicamente do espectáculo dantesco que se tivo ofrecido en nome da nosa terra, de Galiza, cando en realidade o que se quería primar o interese individual.

Máis info:
http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=416504&idseccio_PK=1028&h=

http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/noticia.asp?pkid=330043

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=14&idNoticia=177954

domingo 17 de junio de 2007

Tan doado esquecer...

Nesta vida, acontécenos de todo. Pasamos por unhas e outras circunstancias, compartindo experiencias con moi diferentes persoas. Ás veces, saimos escaldados, tendo dúas tazas cando non queriamos ningunha. Mais, outras veces, non nos damos conta do que temos preto de nós, idealizamos a calquera sen ter en conta que, se cadra, ten máis erros dos que nós poidamos ter nunca.

Sempre soñei con mezclar mundos. Sí, aquelo que ás veces nos pasa, que temos un soño ou pesadelo no que aparecen xentes de distintos ámbitos da túa vida formando parte dunha mesma historia. Chamádeme inconsciente, chamádeme o que queirades. Pero este feito mostra unha parte bastante clara da miña persoa: formo parte de moitos mundos.

E coma min, todos, en maior ou menor medida. Mais o meu caso, nese senso, é especial, con 1000 km de por meio. Non é por darlle maior dramatismo á miña historia persoal, mais está claro que aqueles que podían ser amigos meus en Ourense non teñen nada que ver, desafortunadamente, coas amizades feitas ou por facer na terra de acollida.

Soñando, pois, queres ver xuntos a aqueles dous amigos, nun contexto común (e a cotío descoñecido). Queres tamén adecuarte ti a eles, creando un ambiente idóneo. Xa se sabe, soñar é gratis.

O máis cruel é cando, no teu inconsciente, sobreviven as imaxes desas persoas que, dun xeito ou outro, marcaron a túa forma de ser, o teu futuro e, inevitablemente, pensas que elas xa te esqueceron. Un tributo ao pasado non sempre é malo, é máis, reafirma con creces as túas orixes, daste un sí a ti mesmo. (tal como decía Nietzsche cando falaba de dar un sí á vida). A vida creadora pasa polo pasado, sen dúbida.

Aínda que, seguramente, pra moitos dos que me coñeceron, dos que formaron parte da miña formación como persoa é tan doado esquecer...